CONSORCIO

O Consorcio aproba un orzamento de máis de 11 millóns de euros para 2012

22/05/2012 O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu o Consello de Administración do organismo. Na reunión aprobouse o orzamento da entidade para o ano 2012, que ascende a 11.273.467 euros.

O orzamento confórmase a partir das tres administracións que conforman o Consorcio, de maneira que o Estado aporta 6,06 millóns de euros, a Xunta de Galicia, 3,59 millóns de euros e o Concello de Santiago, 1,46 millóns de euros.

Este orzamento servirá para financiar os diferentes programas de recuperación urbana e dinamización cultural que desenvolve o Consorcio, así como a xestión da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais e o programa de estudo e interpretación da cidade histórica. Tamén se destina unha parte ao apoio ao desenvolvemento do Plan Director da Catedral de Santiago.

Na mesma reunión decidiuse o nomeamento de María Antón como nova xerente do Consorcio. Substitúe no cargo a Xosé Manuel Villanueva, quen ocupaba o posto dende 2005.

Compartir: