ECONOMÍA

O Cersia acolle o seminario "A miña brúxula negociadora" para mellorar as capacidades de negociación dos emprendedores

14/05/2012 A Concellería de Economía, dirixida por Reyes Leis, organiza, en colaboración coa Asociación Xóvenes Empresarios Marineda A miña brúxula negociadora, un novo seminario dirixido a emprendedores, empresarios e directivos, co obxectivo de que podan mellorar as súas capacidades negociadoras. Esta actividade enmárcase dentro do programa municipal Santiago Investors Support, que naceu a finais do ano 2011.

Para moitos emprendedores, empresarios e directivos, pensar nunha negociación parece algo intimidante, xa que non todas as persoas teñen as mesmas capacidade naturais. Non obstante, é unha capacidade que se pode desenvolver seguindo unha serie de técnicas. No Seminario amosaranse estas técnicas básicas, respondendo as seguintes cuestións: Como negocio? Cales son as premisas básicas para unha negociación efectiva? Cales son os meus puntos fortes e as miñas áreas de mellora?

O Seminario celebrarase o 22 de maio no Cersia, de 17:00 a 20:00 horas. Esta actividade súmase aos seminarios para emprendedores que se celebrarán nos meses de xuño e xullo, organizados por Bic Galicia en colaboración co Concello. Estas accións son: Creación de proxectos de empresa e Seminario para a motivación emprendedora. A inscrición para todas estas accións é gratuíta e pode facerse a través da web da concellería, www.maiscompostela.org.

Compartir: