CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os nenos e nenas participantes no "Classicobradoiro de pequenos cineastas" recibiron os seus diplomas

11/05/2012 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presidiu o acto no que os nenos e nenas participantes no Classicobradoiro de pequenos cineastas, incluído no programa Compostela Cine Classics, recibiron os seus diplomas. Os rapaces e rapazas e as súas familias tamén puideron visionar algún dos traballos cinematográficos destes aprendices de artistas.

No acto, celebrado no CSC das Fontiñas, Francisco Noya reiterou o compromiso municipal cos programas socioculturais para o público infantil. Ademais, manifestou a
importancia do cine como experiencia educativa e de expresión artística para os máis pequenos.

O Classicobradoiro de pequenos cineastas foi unha das propostas do programa Compostela Cine Classics, que se desenvolve na Rede Municipal de Centros Socioculturais ata o 9 de xuño. Realizouse en seis sesións de dúas horas os día 25 e 26 de abril e 2, 3, 9 e 10 de maio no CSC das Fontiñas, cun custo de 9 euros en total. As 20 prazas cubríronse na súa totalidade con 10 nenos e 10 nenas de entre 7 e 10 anos.

Cada un dos nenos participantes recibiu un diploma que os acredita como "pequenos cineastas", ademais dun CD e un DVD cos traballos realizados por eles e un detalle en recordo de Compostela Cine Classics.

Compartir: