ECONOMÍA

BIC Galicia e o Concello colaboran en dous seminarios para emprendedores

10/05/2012 BIC Galicia colabora coa Concellería de Economía na organización de dous seminarios dirixidos a emprendedores, Creación de proxectos de empresa e Seminario para a motivación emprendedora, que se celebrarán no Cersia, edificio municipal para o desenvolvemento económico da cidade a través do apoio ás empresas e aos emprendedores. Ambos seminarios encádranse dentro do programa Santiago Investors Support.

O seminario Creación de preoxectos de empresa ten como obxectivo difundir como se poñen en marcha as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial. O seminario é gratuíto e ten unha duración de tres horas. Celebrarase o día 24 de maio.

O Seminario para a motivación emprendedora está dirixido a todos aqueles emprendedores interesados en realizar un proxecto empresarial. O curso constará de sete sesións formativas de cinco horas cada unha, e dúas titorías personalizadas, que se impartirán na segunda quincena de xuño e na primeira de xullo en horario de 16:00 a 21:00 horas. Para participar neste seminario farase unha sesión de entrevistas previas para avaliar os proxectos que presenten os emprendedores.

As inscricións para ambos seminarios poden facerse a través de www.maiscompostela.org

Compartir: