ALCALDÍA

Un grupo de escolares franceses visitou o Concello no marco dun programa de intercambio co Colexio Peleteiro

10/05/2012 A concelleira Reyes Leis recibiu en Raxoi un grupo de escolares franceses do Collège Le Mourion, da vila francesa de Villeneuve-lès-Avignon.

Estes mozos e mozas galos están en Santiago no marca dun intercambio académico co Colexio Peleteiro. Estarán aquí ata o 16 de maio, participando en diversas visitas e actividades lúdicas, culturais e de convivencia. Os escolares composteláns xa viaxaran con anterioridade á vila francesa.

A edil acompañou os alumnos e alumnas no seu percorrido polo Casa do Concello e explicoulles as características de cada un dos espazos, así como o funcionamento da Administración municipal.

Compartir: