URBANISMO

Alumnos da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña realizaron un percorrido urbanístico por Santiago

09/05/2012 Un grupo de 30 alumnos que cursan a materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio no Grao de Socioloxía pola Universidade da Coruña (UDC) realizaron un percorrido urbanístico por Santiago. No transcurso do mesmo foron recibidos no Concello polo xefe do Servizo de Planeamento e Xestión, Ignacio Soto.

Os alumnos e alumnas fixeron o percorrido urbanístico acompañados do profesor da materia e de persoal de apoio do Master de Urbanismo da UDC. Axudáronse dunha carpeta individual de planimetría, visualizando dende o autobús as diferentes partes da cidade, as súas tramas, sistemas, configuración histórica e usos. Xa en Raxoi, os técnicos de Urbanismo municipais explicáronlle os obxectivos da Concellería neste ámbito.

Compartir: