CENTROS SOCIOCULTURAIS

O traslado do Centro Sociocultural da Almáciga suporá un aforro anual para as arcas municipais de máis de 15.000 euros

09/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou o novo Centro Sociocultural da Almáciga xunto cos concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente. Tras o seu acondicionamento, a sede veciñal sitúase agora nun inmoble anexo ao CEIP Apóstolo Santiago.

O traslado do Centro Sociocultural da Almáciga á súa nova ubicación obedeceu á liña de austeridade adoptada polo Concello neste ámbito, consistente en empregar inmobles municipais en vez de alugados nos casos en que sexa posible. Así, decidiuse non renovar o aluguer dos dous locais que eran utilizados pola Asociación de Veciños da Almáciga para as diversas actividades, propias ou municipais. Estes contratos anuais vencían o pasado 30 de abril.

Como xa sucedera no cambio do local de Guadalupe, contouse co beneplácito da asociación veciñal. De feito, a ocupación de parte da planta superior do anexo ao Apóstolo Santiago era xa unha reivindicación veciñal dende hai varios anos. Unha vez vencidos os contratos de aluguer, a Asociación e a actividade sociocultural do barrio mudouse ao novo local.

A non renovación destes alugueres suporá para o Concello un aforro de 1.276 euros mensuais, isto é, 15.314 euros cada ano.

Compartir: