INFRAESTRUTURAS

María Castelao falou co director do IGVS sobre as deficiencias na execución da urbanización do SUNP-13 do Combarro

09/05/2012 A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, reuniuse co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné, para falar sobre as deficiencias na execución das obras de urbanización do SUNP-13 do Combarro, no Castiñeiriño.

Tras varias visitas á zona acompañada de veciños e tamén dos propios técnicos municipais, a propia concelleira puido comprobar de primeira man as diversas deficiencias detectadas, especialmente no pavimento, que quedaron recollidas nun informe elaborado polos técnicos municipais. Esta xuntanza enmárcase no ámbito de colaboración permanente que o Concello -neste caso a Concellería de Obras e Infraestruturas- vén mantendo coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

As deficiencias no pavimento afectan fundamentalmente á confluencia da rúa Catarrá coa nova urbanización, pero dentro desta. En canto a outras anomalías detectadas, afectan a cuestións como o mobiliario urbano, a sinalización, as tapas de pozos e arquetas ou as zonas verdes.

Compartir: