ALCALDÍA

O alcalde e a presidenta do Parlamento reafirman a vontade de colaboración

02/05/2012 O alcalde compostelán reuniuse en audiencia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. Esta foi a primeira visita institucional de Ángel Currás dende a súa toma de posesión como rexedor municipal. Nos vindeiros días continuará a súa rolda de reunións con autoridades políticas, eclesiásticas e académicas.

Ángel Currás declarouse "honrado por que a primeira visita institucional fora ao Parlamento de Galicia", organismo que Santiago "acolle con gran orgullo". O alcalde ofreceulle á presidenta da institución lexislativa toda a colaboración municipal para manter as relacións "excepcionais" que sempre existiron entre Concello e Parlamento de Galicia. Pilar Rojo agradeceu o ofrecemento e valorou tamén a traxectoria de Ángel Currás, o que a levou a adiantar que "será un gran alcalde".

Documentos relacionados



Compartir: