EDUCACIÓN

Concerto da Banda da Escola Municipal de Música na Feira do Libro

29/04/2012 A Banda da Escola Municipal de Música ofreceu un concerto destinado a todos os composteláns e de xeito especial ás persoas que visitaban os postos das diferentes librerías e editoriais de Galicia no marco da Feira do Libro.

O concerto celebrouse no emblemático Palco da Música. Os xóvenes músicos agradeceron as mostras de cariño recibidas polo público asistente, que gozou dunha mañá de domingo diferente, na que libro e música repetiron unha vez máis unha óptima maridaxe.

Compartir: