CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornada sobre micoloxía no CSC de Conxo

25/04/2012 O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha Xornada Micolóxica o sábado 28 de abril. Está organizada pola Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo.

A partir das 9:45 horas, sairá do CSC de Conxo un roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio, guiado por José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo. Xa pola tarde, ás 18:30 horas, o mesmo José María Costa impartirá a conferencia Setas de primavera: Ascomycetes.

Os interesados en participar poden apuntarse no propio Centro Sociocultural de Conxo. Telefono 981 52 8740.

Documentos relacionados



Compartir: