EDUCACIÓN

XVI Certame de Teatro Intercentros

20/04/2012 A Concellería de Educación organiza en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela o XVI Certame de Teatro Intercentros.

Esta actividade pretende que o teatro deixe de percibirse como un fenómeno illado da súa experiencia cotiá e realizado en circunstancias excepcionais e pase a incorporarse no contorno sociocultural do estudante. Ademais, búscase crear novos espectadores e axudar aos nenos e mozos á descuberta das propias inquedanzas artísticas.

Dende o 23 ata o 27 de abril, os grupos dos institutos de Santiago e comarca representarán diferentes obras nos salóns de actos dos IES Xelmírez I, Rosalía de Castro e Escola de Maxisterio. Os propios alumnos/as asistentes, así como os directores/as das obras serán os encargados de elixir a obra e o grupo gañador, así como o mellor actor e mellor actriz tanto na categoría de secundaria como na de primaria.

As obras premiadas representarase nunha acto no Teatro Principal os días 21 de maio (obra gañadora de secundaria) e 28 de maio (obra gañadora de primaria).

Documentos relacionados



Compartir: