CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rede de Centros Socioculturais presenta a nova tempada de excursións

12/04/2006 Vigo, o Valle del Jerte, Cantabria Oriental ou San Andrés de Teixido son algúns dos atractivos destinos das excursións que organiza un ano máis a Rede Municipal de Centros Socioculturais, e que se dirixen especialmente aos maiores.

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, destacou que as excursións da Rede de Centros moveron o pasado ano a 2.000 persoas, e que este ano espérase superar esta cifra coas excursións programadas. Hainas dun día ou de varios, e teñen a vantaxe de contar cun guía e a programación de visitas a museos e lugares característicos do destino escollido.

Compartir: