CULTURA

"Grooming", de Teatro de la Abadía, chega a Santiago de Compostela con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre

18/04/2012 Teatro de la Abadía presenta no Teatro Principal Grooming, de Paco Bezerra, dirixida por José Luis Gómez e con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre no elenco. Será o xoves 19 de abril, ás 21:00 horas, na que xa está consolidada como unha das citas máis importantes da programación de teatro da Concellería de Cultura.

O Grooming é un novo tipo de problema relativo á seguridade dos menores en internet, consistente en acción deliberadas por parte dun adulto de facer establecer lazos de amizade cun neno ou nena a través das redes co obxectivo de obter unha satisfacción sexual. Sobre isto xira esta obra de La Abadía que dirixe José Luis Gómez e esta protagonizada por Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre.

Teatro de la Abadía, centro de estudos e creación escénica da Comunidade de Madrid, foi fundado en 1995 por José Luís Gómez. Dende o seu primeiro espectáculo, a compañía consolidou unha liña de investigación sobre a técnica actoral, a palabra en acción e o traballo de elenco. Coa consigna "O placer intelixente", produce unha media de tres montaxes por tempada.

As entradas para este espectáculo poden mercarse na billeteira do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas (e no Auditorio o día do espectáculo a partir das 21:00 horas) ou en Novagaliciabanco a 15 euros (10 no anfiteatro).

Compartir: