PARTICIPACIÓN CIDADÁ E MEDIO RURAL

Encontro dos concelleiros de Participación Cidadá e Medio Rural cos veciños de Santa Cristina de Fecha e Villestro

08/04/2012 Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, asistiron á tradicional chocolatada que, para celebrar a Pascua, organiza a Asociación de Veciños de Santa Cristina de Fecha.

Tras este encontro, os dous concelleiros trasladáronse á parroquia de Villestro, onde participaron -convidados pola súa asociación veciñal- nos actos festivos organizados con motivo do Sábado Santo.

Compartir: