OBRAS E INFRAESTRUTURAS

Rematan as obras do cinturón arterial de abastecemento de auga potable

06/04/2006 O proxecto, que comezara en 2003 a súa primeira fase, tivo un investimento total de 1.828.980 euros, dos cales un un 80% foron financiados polo Fondo de Cohesión da UE.

As obras do novo cinturón arterial de abastecemento de auga potable na cidade de Santiago están rematadas. O aumento poboacional da cidade nos últimos anos fixo necesario a posta en marcha destas obras, que previsiblemente darán cobertura ao subministro de auga potable do municipio para os próximos vinte anos. O proxecto, que comezara en 2003 a súa primeira fase, tivo un investimento total de 1.828.980 euros, dos cales un un 80% foron financiados polo Fondo de Cohesión da UE.

O presente proxecto contribúe a reducir as disparidades sociais e económicas entre os cidadáns da Unión Europea.

Compartir: