ALCALDÍA

A asamblea da Cruz Vermella fai balance na Casa do Concello

06/04/2006 O presidente de Cruz Vermella en Santiago, Rufino Pérez, e o seu coordinador, Fidel Martín, visitaron o mércores 5 de abril ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo para facer balance dos resultados desta institución na nosa cidade durante o pasado ano.

En 2005, unhas 1.500 persoas foron atendidas nos preto de 450 eventos nos que estivo presente a Cruz Vermella de Santiago, entre outros, nas festas da Ascensión e do Apóstolo, e nos concertos do Multiusos do Sar. Os representantes da Cruz Vermella compostelana propuxeron renovar outra vez o convenio co Concello para asistir aos cidadáns neste tipo de actos onde se concentra un gran número de persoas.

Compartir: