CENTROS SOCIOCULTURAIS

A pintora Silvia Arnesto inaugura unha exposición no centro sociocultural das Fontiñas

05/04/2006 Do 7 de abril ao 2 de maio de 2006, os luns de 10 a 14 horas e de martes a sábado de 10 a 14 h. e de 17 a 21 h.

A inauguración terá lugar o venres 7 de abril ás 20:30 h no centro sosiocultural das Fontiñas.

A pintora Silvia Armesto móstranos unha exposición sobre acuarelas, tintas e óleos, baixo o título "Paisajes neolíticos" ofrecéndonos unha visión particular do mundo feminino e da natureza. Os seus espidos e paisaxes achégannos a un mundo peculiar e primario de sensacións e cores.

Silvia Armesto naceu en Barcelona en 1962, aínda que está vinculada a Galicia por lazos familiares. Está Licenciada en Belas Artes e leva pintando 25 anos. Espuxo en distintas Galerías de Cataluña, Centro Galego de Barcelona, Ateneo
Ferrolán e Ourensán, Galería José Lorenzo, e a súa última exposición colectiva foi en Santiago, na Fundación Granell.

Compartir: