TRANSPORTE

O Concello asina un contrato con Aucasa

03/04/2006 O Concello asina un contrato con Autos Carballo (Aucasa) para a xestión do servizo da liña de transporte colectivo urbano de viaxeiros que comunique o centro de Santiago con A Peregrina e con extensións a Ponte Alvar.

Segundo establece o texto do contrato, a vixencia deste remata o 31-12-2013, pero é prorrogable anualmente, como máximo ata outros sete anos máis.

As tarifas e os títulos de viaxe serán os mesmos que o Concello ten aprobado para o servizo de transporte urbano da cidade. Ademais, cos bonos ordinario e escolar terase transbordo gratuíto no intervalo dunha hora en servizos de distinta liña, o bono mensual ten viaxes ilimitados durante un período de 30 días naturais e o bono universitario terá unha tarifa máis beneficiosa que o bono ordinario.

O calendario de renovación da flota aprobarase polo Concello ou Tussa, logo do acordo co contratista. Así mesmo, o contratista será o encargado de adquirir os vehículos.

Compartir: