BENESTAR SOCIAL

Cambiar a percepción social da comunidade xitana, obxectivo da segunda fase da campaña da Fundación Secretariado Xitano

03/04/2006 A Fundación Secretariado Xitano lanza a segunda fase da campaña "Coñéceos antes de xulgalos". Tras cumprir un ano da súa posta en marcha, a segunda fase fai fincapé dos prexuizos individuais de cada persoa que conforma o tecido social. Baixo o lema "Os teus prexuicios son as voces de outros", o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a presentación desta segunda fase o martes 4 de abril.

A Fundación secretariado Xitano (FSG) traballa polo cambio na imaxe social que dende a sociedade maioritaria se ten da comunidade xitana.

Son múltiples as iniciativas que desenvolve e apoia pero, é a partir do ano 2003 cando se propón a elaboración dun plan estratéxico de comunicación para o período 2004-2006 que contempla o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización social.

Un recente estudio, encargado pola FSG á consultora Salvetti&Llombard, revela un dato fundamental para abordar este problema de imaxe social: os estereotipos proveñen en maior medida das informacións indirectas que de experiencias ou relacións directas con persoas xitanas.

Compartir: