ECONOMÍA
A morosidade tense convertido no principal problema das comunidades de propietarios, representando o 82% das reclamacións por parte dos cidadáns que habitan en edificios en réxime de propiedade horizontal. A preocupación por este aumento da morosidade levou á creación do Programa de Loita contra a Morosidade, un instrumento que dota ás comunidades de propietarios das mellores ferramentas para evitar e solucionar o problema dos impagos.
O informe pon de manifesto que en Galicia distínguense diversos grupos de morosos. Existe un 25% de propietarios morosos que obedecen a unha causa selectiva, é dicir, escollen a prioridade e orden das facturas a pagar, retrasando a cuota da comunidade. Outro dos grupos é o denominado "morosos profesionais", que representan un 15% e se caracterizan polo retraso de pago habitual e sistemático aducindo diversas causas sen fundamento legal, senón a modo de pretexto, e onde a problemática do cobro das cuotas prolóngase no tempo. O terceiro grupo está formado polo denominados insolventes reais, que alcanzan o 50% dos morosos totais, e se caracterizan pola ausencia de recursos reais para poder pagar á comunidade.
O Cersia acolle a presentación do Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios
09/02/2012 O Colexio Profesional de Administradores de Fincas de Galicia presentará o venres 10 de febreiro o Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios, unha iniciativa que busca previr e reducir o incremento da morosidade rexistrada nas comunidades de propietarios galegas nos últimos dous anos, que se cifra en máis de 250 millóns de euros. A presentación terá lugar no CERSIA Empresa, edificio municipal para a dinamización económica da cidade.
Durante a presentación do programa farase público o primeiro informe estatístico Observatorio da Morosidade en Comunidades de Propietarios en Galicia, no que se amosa como a morosidade ten aumentado un 50% nos dous últimos anos. O informe articúlase tomando como referencia os datos facilitados por administradores de fincas colexiados adheridos ao Programa, que en conxunto administran máis de 3.000 comunidades de propietarios en Galicia.A morosidade tense convertido no principal problema das comunidades de propietarios, representando o 82% das reclamacións por parte dos cidadáns que habitan en edificios en réxime de propiedade horizontal. A preocupación por este aumento da morosidade levou á creación do Programa de Loita contra a Morosidade, un instrumento que dota ás comunidades de propietarios das mellores ferramentas para evitar e solucionar o problema dos impagos.