VÍAS E OBRAS

A liña 8 do transporte urbano volverá a pasar por Belvís unha vez movido o banco de pedra que impedía o paso dos autobuses

25/01/2012 A partir da vindeira semana, o autobús urbano que cobre a liña 8 volverá a pasar por Belvís, como era habitual. Isto é posible tras a nova colocación dos bancos que no seu día se instalaran con motivo da urbanización desta zona.

Segundo explica o concelleiro de Barrios e da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, "a obra de reurbanización do Plan E, xa hai ano e medio, deixara os bancos tan pegados á calzada que non pasaba o autobús urbano, polo que a liña 8 deixara de pasar por alí". Por isto e ante as reiteradas demandas veciñais, optouse por separar os bancos de pedra uns 40 centímetros da calzada.

A Brigada de Vías e Obras, coa axuda dunha grúa, foi a encargada de realizar o cambio de ubicación dos bancos. Unha vez feitas as oportunas probas e constatado o paso dos autobuses, a liña 8 recuperará o seu traxecto habitual por Belvís.

Compartir: