URBANISMO

Emuvissa recibe da Xunta preto de 1,3 millóns de euros das subvencións por urbanización en Lamas de Abade e A Muíña

24/01/2012 O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) realizou unha transferencia á Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (Emuvissa), por importe de preto de 1,3 millóns de euros, correspondentes a subvencións por urbanización de solo con destino a vivenda protexida.

Os expedientes correspondentes, que constan no departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente como xustificados e con toda a documentación presentada, corresponden aos solos urbanizables non programados (sunps) 5, na Muíña, e 12, en Lamas de Abade.

As cantidades transferidas polo IGVS a Emuvissa son as seguintes:

SUNP-5, A Muíña: 788.075,00 €

SUNP-12, Lamas de Abade: 491.403,05 €

TOTAL: 1.279.478,05 €

Compartir: