SANIDADE

A Unidade Móbil do CTG recolleu 21 doazóns de sangue na praza do Obradoiro

19/01/2012 A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia que estivo no Obradoiro na mañá do martes 17 recolleu, un total de 21 doazóns de sangue. Esta cifra supón un incremento do 75% con respecto a última ocasión na que o CTG estivo cunha unidade móbil na praza do Obradoiro, en xaneiro de 2011.

Para o CTG, resulta especialmente significativo o feito de que o 38% das doazóns recollidas (8 doazóns), se correspondían con cidadáns que, por vez primeira, facían unha doazón de sangue. Unha das persoas que doou nesta xornada foi a concelleira de Persoal, Amelia González, quen tamén enviara unha circular aos traballadores municipais convidándoos a colaborar coas súas doazóns.

O CTG agradeceu ao Concello e aos seus traballadores e traballadoras a participación na campaña de doazón de sangue. O Centro confía en seguir colaborando coa Corporación municipal ao longo deste ano 2012.

Compartir: