MULLER

O Centro de Información á Muller incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

12/01/2012 O Centro de Información á Muller (CIM) de Santiago incorpora un servizo de teletradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, e facilitará a comunicación en 51 idiomas.

O servizo entra en funcionamento ao abeiro do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e Igualdade asinado polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, nun acto no propio CIM. Alí, dúas usuarias, de orixe romanesa e marroquí, tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema.

A Secretaría da Igualdade fixo extensiva a teletradución á rede de CIMs de Galicia despois de acreditar a súa utilidade no Teléfono de Información á Muller durante un ano. Amais dos CIMs, Igualdade tamén ofrece este sistema ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido. En Santiago, este servizo está tamén operativo en Cáritas e Médicos do Mundo.

Compartir: