NADAL

Entregados os premios dos concursos de beléns e de ambientación de Nadal

05/01/2012 O Salón Nobre do Concello acolleu a entrega de premios do I Concurso de Beléns e do I Concurso de Ambientación Navideña, que tiveron como gañadores, respectivamente a Rogelio Pérez Sandá e a Asociación de Veciños "Brañas de Andrés" (beléns) e ao Hostal dos Reis Católicos (ambientación).

Varios concelleiros da Corporación encargáronse da entrega dos premios, que no caso do I Concurso de Beléns Compostrela tivo como gañador na categoría de particulares a Rogelio Pérez Sandá, veciño da rúa de Mallou. O segundo premio foi para Pablo e Carlota Seoane Ríos, da rúa Montero Ríos.

Tamén no certame de Beléns, pero na modalidade de institucións, os gañadores foron a Asociación de Veciños "Brañas de Andrés". O nacemento clasificado en segundo lugar presentouno a Asociación de Veciños "Camiño de Santiago" de Bando. Neste capítulo houbo unha mención especial aos beléns do Casino de Santiago e do Centro Sociocultural das Fontiñas.

O I Concurso de Ambientación Navideña gañouno o Hostal dos Reis Católicos, mentres que segundo premio levouno A Quinta da Auga. Hotel Carrís tivo unha mención especial.

Na cerimonia tamén se concedeu un premio honorífico ao belén realizado no Centro Sociocultural de Conxo, que recolleu Francisco Otero. Ademais, os pequenos Rosalía Soto e Vicente Viqueira recolleron as súas dúas bicicletas como gañadores do Concurso de Postais realizando na rede de centros socioculturais.

Compartir: