NADAL

Os pequenos do campamento de Nadal do Centro Don Bosco visitaron o Pazo de Raxoi

05/01/2012 Os concelleiros Amelia González e Adrián Varela recibiron en Raxoi os nenos e nenas que participan no campamento de Nadal do Centro Don Bosco.

Os pequenos, impacientes xa pola chegada dos Reis Magos, visitaron as diferentes estancias do Concello e agradeceron a recepción lanzando un foguete máxico. Amelia González preguntoulles polo seu comportamento ao longo do ano. Todos afirmaron ter sido bos, salvo algún que lamentou as súas notas escolares. Finalmente, Adrián Varela convidounos a todos a patinar na pista de xeo da Quintana.

Compartir: