ALCALDÍA

O alcalde de Santiago expresa o seu pesar e o de todos os composteláns polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

05/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, expresou o seu pesar e o de todos os composteláns polo falecemento de Isaac Díaz Pardo. Conde Roa indicou que "Santiago sente a perda irreparable dunha das personalidades máis importantes da nosa historia recente".

O rexedor municipal afirmou que "Isaac Díaz Pardo deixa unha pegada imborrable na cidade na que viviu e na que quixo que quedase a súa obra, na Cidade da Cultura, para o desfrute de toda Galicia". Conde Roa cualificou ao polifacético intelectual de home "bo e xeneroso" e lembrou a súa presenza activa en diferentes institucións da cidade". "Santiago de Compostela ten unha débeda importante con Isaac Díaz Pardo e hoxe é un día triste para a nosa cidade e para Galicia", engadiu.

Compartir: