BENESTAR SOCIAL

Máis de 200 rapaces recibirán xoguetes grazas á campaña "Compar-T un xoguete"

04/01/2012 A campaña Compar-T un xoguete, posta en marcha polo Equipo de Dinamización Social do programa Urbana Santiago Norte, permitirá repartir, ao longo da xornada do 4 de xaneiro un total de 720 xoguetes, grazas á colaboración desinteresada de particulares e diferentes entidades.

Os regalos doados serán repartidos entre 230 nenos e nenas de 80 familias, que se beneficiarán da xenerosidade e solidariedade dos composteláns. Entre as entidades que participaron, e ás que o Equipo de Dinamización do USN agradece a súa colaboración, figuran Cruz Vermella, Gardería de Vite, Centro Sociocultural de Vite, Centro Sociocultural da Trisca, Casa das Asociacións de Benestar Social, Residencia Universitaria Monte da Condesa, Gardería Cativos, Ximnasio Spagat e Cafetería Ras de Ras. Outros moitos cidadáns colaboraron a modo particular solicitando a recollida domicilio dos seus xoguetes.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: