CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o programa "Vive o Nadal"

04/01/2012 O programa Vive o Nadal, realizado na Rede de Centros Socioculturais, chega ao seu fin. Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, participaron nunha das últimas actividades, unha sesión de Scalextric desenvolvida no CSC "Aurelio Aguirre" de Conxo.

O Scalextric pasou polos centros socioculturais de Vite, Fontiñas e Conxo, cunha grande aceptación entre nenos e maiores. Esta foi unha das máis de 200 actividades de Vive o Verán, nas que participaron uns 1.000 veciños de todas as idades e das diferentes partes do municipio.

Ademais do Scalextric, outras actividades destacadas foron o baile con orquestra en Vite, que congregou a 200 persoas, ou a excursión a Portugal, na que participaron máis de 150 maiores de 60 anos.

Compartir: