EDUCACIÓN

Festa de clausura de Nadalxogo 2011

04/01/2012 O programa de conciliación Nadalxogo 2011 concluíu cunha festa especial no pavillón polideportivo do CEIP Pío XII. A esta celebración asistiron todos os nenos e nenas que participaron ao longo destas vacacións de Nadal no programa, realizado nos CEIP de As Fontiñas, Ramón Cabanillas e Pío XII.

A esta gran festa final estaban convidadas todas as familias e medios de comunicación. Puídose presenciar unha pequena representación das actuacións que con tanta ilusión prepararon os máis pequenos ao longo destes días e algunha sorpresa máis.

Compartir: