NADAL

Continúan as visitas aos participantes nos concursos de beléns e de ambientación

03/01/2012 Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, visitaron os centros socioculturais que participan no I Concurso de Beléns Compostrela.

Na xornada anterior foran as concelleiras de Comercio, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, as que, en compañía de representantes comerciais e hostaleiros cidade, visitaran os establecementos que participan neste certame e no de ambientación de Nadal. O fallo do xurado destes dous concursos darase a coñecer mañá mércores en rolda de prensa.

A visita dos concelleiros comezou polos centros socioculturais de Vite, A Trisca e Pontepedriña. En total son nove os CSC que participan na convocatoria: Sar, A Rocha, Fontiñas, Brañas de Andrés, Bando, San Xoán de Fecha e os tres citados.

Posteriormente, Luis Bello e Francisco Noya achegáronse ata o Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo para participar nas actividades de Vive o Nadal. Nesta xornada estaba prevista unha sesión de Scalextric para todas as idades.

Compartir: