CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC das Fontiñas cumpre dez anos

30/12/2011 O Centro Sociocultural das Fontiñas celebrou o X aniversario da súa inauguración. O programa de actos estivo presidido pólo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

Con motivo deste aniversario inaugurouse a exposición Dez anos en imaxes, que recolle diversos momentos desta xa longa etapa do centro sociocultural, un dos máis activos da cidade. Logo realizouse unha chocolatada e, finalmente, un espectáculo de maxia.

As actuais instalacións do centro sociocultural de Fontiñas teñen unha superficie de 2.700 metros cadrados distribuídos en cinco andares. Ten aula de informática, biblioteca, biblioteca infantil, ludoteca, salón de actos e diversas salas da terceira idade e para obradoiros e de exposicións. Organiza permanentemente actividades para nenos, adultos e maiores e outras en colaboración con diversos colectivos, algúns dos cales teñen a súa sede neste centro.

Compartir: