URBANISMO

Demora na aprobación definitiva do PERI 12

22/03/2005 En contra do inicialmente previsto, a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior PERI-12 do Colexio Manuel Peleteiro non será abordada no próximo pleno ordinario da Corpoaración a celebrar o xoves, 31 de marzo, por mor das alegación presentadas.

Coñecida popularmente como operación Peleteiro, a aprobación definitiva do PERI-12 non será tratada no pleno ordinario a celebrar 31 de marzo por mor das alegación presentadas.

Segundo manifestou o Alcalde, Sánchez Bugallo, en declaracións á Cadea SER, os técnicos municipais deberán estudiar minuciosamente as alegacións presentadas en tempo regulamentario, un total de catro.

As alegacións foron presentadas por un dos propietarios do Colexio, pola Asociación de Empresarios de Hostelería e, dúas delas, por comunidades de propietarios do contorno. Estas últimas son, segundo manifestou o Alcalde, "as máis complexas". Unha delas foi presentada fóra de prazo.

Compartir: