ALCALDÍA

Conde Roa anima os empregados municipais a seguir traballando con determinación por un Santiago mellor

23/12/2011 Como cada ano por estas datas, o alcalde recibiu os traballadores municipais para desexarlles un bo Nadal e un satisfactorio ano 2012. Foi tamén momento para homenaxear os traballadores que se xubilaron neste ano que acaba.

Xerardo Conde Roa declarouse "orgulloso" do traballo de tantos anos destes funcionarios municipais ao servizo dos cidadáns de Compostela e desexoulles o mellor nesta nova etapa das súas vidas. E aos traballadores transmitiulles tamén a esperanza dun ano 2012 proveitoso, aínda recoñecendo as dificultades do actual momento económico, ante o cal, dixo, "non nos imos resignar". Por iso, pediulles que teñan "a mesma fe que o Goberno municipal para saír desta situación".

A todos animounos a seguir co seu "traballo constante diario" e coa "mesma determinación" para que "os cidadáns teñan uns mellores servizos" e por "un Santiago mellor".

Compartir: