CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Pontepedriña renova a fachada e o xardín

23/12/2011 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou o Centro Sociocultural de Pontepedriña (situado na rúa Amor Ruibal), tras as obras realizadas no mesmo.

Francisco Noya explicou que, respondendo a unha demanda dos veciños, se arranxou a fachada e o muro exterior do local, limpando e pedra e pintando. Ademais, arranxouse o xardín. Todo isto cun curso de 6.300 euros.

Respecto ao outro local social do barrio, situado na rúa de Samos (grupo vivendas Cardenal Quiroga) anunciou que, tamén a petición dos veciños, vaise solucionar un problema de olores detectado, tras a reunión mantida coa concesionaria Aquagest e coa empresa responsable da recente reforma do inmoble. O problema, dixo, estará resolto sen custo despois das datas do Nadal.

Compartir: