ALCALDÍA

Recepción á Asociación do Traxe Galego con motivo do fallo do Premio Antonio Fraguas

20/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a Asociación do Traxe Galego e presidiu o fallo da XVII edición do Premio Antonio Fraguas de investigación sobre o traxe galego. Nesta ocasión o certame quedou deserto.

Conde Roa volveu empregar o traxe galego para esta ocasión, tal como fixera con motivo da Ofrenda ao Apóstolo ou, ao día seguinte, no Día do Traxe Galego. Tamén o concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Varela, repetiu indumentaria.

O xurado decidiu deixar deserto este ano o Premio, que ía galardoar con 1.200 e 600 euros, respectivamente, os mellores traballos analíticos e descritivos sobre a indumentaria tradicional galega. Colaboran coa Asociación do Traxe Galego na convocatoria deste premio a Concellaría de Cultura e o Centro Comercial Compostela.

A Asociación do Traxe Galego é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que dende 1995 vén traballando dende distintas vertentes sobre obxectivo xeral da promoción e dignificación do traxe tradicional galego. Organizan, entre outras cousas, o Día do Traxe que se celebra durante as Festas do Apóstolo.

Compartir: