EDUCACIÓN

Concerto de clausura do Curso de Música de Cámara da Escola Municipal de Música

19/12/2011 Dende o 21 de novembro, a violinista da Real Filarmonía de Galicia Irina Gruia vén impartindo un Curso de Música de Cámara na Escola Municipal de Música. Un concerto final pechará a actividade.

O martes 20 de decembro realizarase un concerto final no Casino de Santiago ás 20:30 horas. Nesta actuación van participar tanto a profesora coma o alumnado que asistiu ao curso: Manuel Fernández García, Noa Ferreira Domínguez, Lara Guerra Gontán, Laura Limés García, Ana Moure Rosende, Antía Rey Martínez, Tariku Novalles, Daniel López Giménez, Julián Sende Mariño e Marcos Rodríguez Varela.

Compartir: