PARQUES E XARDÍNS

Unha nova zona verde para revitalizar o Ensanche compostelán

15/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visitaron a nova zona verde creada na rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das Camelias), que vén a substituír a cascada existente. Esta área axardinada nace co obxectivo de revitalizar e humanizar o Ensanche.

Conde Roa amosouse convencido de que esta zona "vai gañar en atractivo" e desexo que "lle guste aos santiagueses". Indicou que a substitución da cascada se realizou sen custo grazas ás xestións coas concesionarias Aquagest e Cespa e lembrou os problemas que tiña a anterior instalación. Así, a cascada filtraba auga ao estacionamento subterráneo de praza e mesmo a algúns comercios.

A este problema de filtracións tamén se referiu María Castelao, quen cre que esta nova área verde vai "revitalizar" unha zona coma o Ensanche que conta con moi poucos espazos verdes.

Na costa das Camelias instalouse unha zona axardinada e decoradas con flores. Empregouse aceiro galvanizado para crear uns maceteiros na estrutura da cascada nos que se puxeron plantas e flores, tanto arbustivas como de temporada, polo que se manterán con color todo o ano. O mesmo tratamento recibiu unha pequena parte situada na propia praza Roxa, entre a estrada e a zona de beirarrúa, na que actualmente había auga.

Compartir: