TURISMO

O Cersia convértese no centro das aplicacións para móbiles de Galicia

09/12/2011 A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou hoxe MobileConGalicia, a primeira conferencia para desenvolvedores de aplicacións para móbiles de Galicia, un evento patrocinado polo Concello de Santiago e que se celebra no edificio Cersia, onde se deron cita máis de 150 de profesionais do sector.

MobileConGalicia pretende servir de punto de encontro entre profesionais, empresarios e estudantes vinculados ao ámbito das apps e a telefonía móbil, nunha xornada na que teñen cabidad dende charlas de expertos ata a posibilidade de facer networking ou participar no concurso AppCircus.

Na conferencia coñeceranse as últimas novidades no desenvolvemento de aplicacións para iPhone, Android e Windows Phone. Haberá charlas de destacados profesionais do sector, como Alberto Ruibal, gañador do concurso de aplicacións GoogleDevFest 2011 o Elena Pérez, cofundadora de Spartanbits, empresa que desenvolveu Go!Chat for Facebook, unha aplicación traducida a cinco idiomas e descargada cinco millóns de veces en todo o mundo.

O evento pecharase con AppCircus, a competición de aplicacións máis grande do mundo, que xa viaxou por máis de 50 cidades para promover a dar visibilidade ás mellores apps. Os dez finalistas do concurso optan a unha praza participar no Mobile World Congress, que terá lugar en Barcelona en febreiro do 2012.

Web do evento:
http://mobilecongalicia.com/

Compartir: