BENESTAR SOCIAL

O Equipo do Urbana Santiago Norte pon en marcha unha campaña de recollida de xoguetes

02/12/2011 Coa chegada das data do Nadal, o Equipo Urbana Santiago Norte inicia unha campaña co obxectivo de recoller xoguetes para alegrar o Nadal dos nenos e das nenas máis desfavorecidos da Zona Urbana.

Ata o próximo 30 de Decembro, o Equipo Urbana procederá á recollida de xoguetes novos ou usados en bo estado, para que os nenos e nenas das familias cunha situación económica máis deprimida, poidan sorrir e vivir as datas do Nadal igual que os demais.

Os puntos habilitados para a recollida de xoguetes, a onde se poderán dirixir todas aquelas persoas que desexen colaborar con esta campaña serán:
• CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL (CABES).- C/ Manuel María, nº 6 (Salgueiriños)
• CSC Vite. C/ Carlos Maside,nº 7
• CSC A Trisca. C/ Corredoira das Fraguas, nº 92
Para máis información o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS habilitou un correo electrónico: comparteunxoguete@gmail.com

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS solicita a colaboración da poboación en xeral, lembrando que o xogo é un dos dereitos recollidos na Carta de Nacións Unidas dos Dereitos do Neno, e que os xogos e xoguetes non só entreteñen e divirten, se non que tamén contribúen ao desenvolvemento físico e intelectual dos nenos e das nenas, e que privarlles deles é un paso atrás na súa formación.

Pero esta campaña de recollida de xoguetes 2011 non só pretende axudar, tamén pretende fomentar a sociabilidade, a solidarizade e a concienciación da poboación.

Os xoguetes e xogos recollidos nesta campaña entregaranse aos pais e ás nais que previamente o solicitaran o 4 de Xaneiro e os pequenos recibirán os xoguetes o Día de Reis.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Documentos relacionados



Compartir: