PLENO

O Pleno dá o visto bo a dous créditos extraordinarios

30/11/2011 O Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria aprobou dous expedientes de crédito por un importe global de 120.000 euros.

O primeiro deles empregarase para a instalación de semáforons nas interseccións da rúa República do Salvador con Xeneral Pardiñas e Doutour Teixeiro. O Goberno municipal quere que esta medida sexa efectiva o antes posible e xa de cara á campaña de nadal de aí que optara polo crédito extraordinario sen esperar aos orzamentos do ano que vén. Destinaranse a esta actuación 40.241 euros.

Nesta mesma sesión aprobouse outro crédito de 80.000 euros para as entidades Fórum Gastronómico (70.000 euros) e Fundación Araguaney-Puente de Culturas (10.000 euros). A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, sinalou a importancia que para a proxección e promoción de Santiago teñen as actividades do Fórum Gastronómico 2012 e do Festival Amal, que se financiarán con este crédito.

Compartir: