TURISMO E CULTURA

Santiago prepárase para un "Nadal Único"

29/11/2011 O Concello de Santiago ofrecerá este ano un programa de Nadal amplo e diverso, no que se implicaron todas as Concellerías con competencias na materia. Os edís de Cultura, Ángel Currás, e de Turismo, Reyes Leis, deron conta en rolda de prensa das actividades organizadas polos seus departamentos.

CulturAll
Esta ano a programación de Nadal poderá consultarse nas páxinas da axenda "CulturAll" baixo o epígrafe de "Nadal Único" (páxinas 12 e 13). Realizaranse 10.000 exemplares da revista, que se poderán recoller nas oficinas de Incolsa situadas na rúa do Vilar a partir do 1 de decembro ou ben descarse desde xa nas páxinas web www.santiagoturismo.com ou www.santiagodecompostela.gal

Segundo a edil de Turismo, Reyes Leis, o Concello quere facer este ano un nadal forte, coordinado, que involucre tanto á cidadanía como aos comerciantes e hostaleiros para que se convirta nun revulsivo nestes momentos de crise. Deste xeito haberá unha especie de circuíto navideño que comeza na praza do Obradoiro co Belén, continúa na Quintana coa pista de xeo, segue na Alameda, onde se instalará un mercado de Nadal xunto con atraccións para os máis pequenos, e remata na praza Roxa con actividades orientadas a facilitar a conciliación familiar e laboral como o iglú de Papá Noel, todo elo baixo a iluminación que arrancará o 17 de decembro.

Reyes Leis quixo salientar o mercado da Alameda, que será a primeira vez que se realice, onde terán prioridade os comerciantes da cidade. Ao seu carón instalaranse atraccións para os nenos, entre elas o segundo carrusel máis antigo de España. Tamén se repetirá durante o Nadal a campaña "noites de compras", na que as tendas da cidade abren as súas portas ata a medianoite. Será o 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro. Estes mesmos días as actividades infantís permanecerán abertas ata as 23.00 horas.

Programación de Cultura
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, presentou a programación específica do seu departamento para estas datas, que recolle actuacións de música, teatro e maxia. En total serán 18 espectáculos repartidos entre o 15 de decembro e o 8 de xaneiro para o desfrute de todos os públicos.

En primeiro lugar, o edil salientou os tres grandes concertos que ofrecerá a Real Filharmonía os días 15 e 22 de decembro e o 5 de xaneiro, cando terá lugar o tradicional concerto de Reis. Todos eles estarán dirixidos por Ros Marbá. Os días 19, 20 e 21 tocaralle o turno ás corais de Compostela. Neste caso serán 18 grupos que interpretarán as súas pezas no Auditorio de Galicia.

As actividades de teatro estenderanse ao longo de sete días no Teatro Principal. O 15 poderemos disfrutar de "Torvaldo Furioso", o 16 e o 17 de "Último Cowboy" e o 21 e o 22 de "O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca". Tamén haberá tempo para os títeres os días 27 e 28 e para a maxia con dous espectáculos o 30 de decembro e o 4 de xaneiro. O programa complétase cun concerto de jazz, un recital sobre París e as actuacións da Banda Municipal.

Direccións relacionadas



Compartir: