ALCALDÍA

O alcalde recibiu unha delegación de representantes provinciais e municipais da rexión italiana de Abruzzo

25/11/2011 O alcalde compostelán recibiu unha delegación das provincias italianas de Teramo e Chieti, e dos municipios de Lancioano e Manopello (rexión de Abruzzo). Xunto con eles visitaron Raxoi representantes da rede Camiños de Europa.

O encontro serviu para perfilar liñas de colaboración cultural con algunhas provincias e concellos da rexión de Abruzzo. A comitiva estaba composta polo bispo de Lanciano-Ortona, Emidio Cipollone; o conselleiro provincial de Turismo da provincia de Teramo, Ezio Vannuci; o conselleiro provincial de Turismo da provincia de Chieti, Remo di Martini; o alcalde de Lanciano, Mario Pupillo; o tenente de alcalde de Lanciano, Pino Valente; o presidente da Sociedade Pública ATS, Enzo Gianmarino; o concelleiro de Turismo de Manopello, Emanuele de Luca; o presidente de Camiños de Europa, Alessandro Cardinale; o responsable de organización turística desta rede, Joaquín Ruibal; e a responsable operativo en España de Camiños de Europa, Elisa Rois.

Cómpre lembrar que a rede Camiños de Europa traballa en proxectos transnacionais de cooperación en materia de itinerarios culturais europeos.

Compartir: