EDUCACIÓN

Visita da Asociación de Dano Cerebral Sarela á Escola Municipal de Música

24/11/2011 A Asociación de Dano Cerebral Sarela visitou a Escola Municipal de Música. Os seus integrantes disfrutaron dunha visita guiada, de actividades musicais e dun pequeno concerto co obxectivo de achegarlles aspectos de interese na súa educación relacionados coa música.

Dende o Concello quérese promover o achegamento da Escola Municipal de Música aos diferentes colectivos cidadáns, conscientes da importancia que hoxe en día representan uns servizos públicos de calidade para a atención ás persoas.

Compartir: