EMPREGO

O programa "Emprego Santiago" achega aos desempregados instrumentos para fortalecer as súas potencialidades laborais

18/11/2011 A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego realizou a xornada do Programa Integrado Emprego Santiago, que se desenvolveu no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia), en San Lázaro.

Este programa pretende brindar a 99 persoas en situación de desemprego unha batería de instrumentos (orientación laboral, formación ocupacional, prácticas en empresa, formación en habilidades sociais, informática e intermediación laboral) que lles permitan desenvolver e fortalecer as súas habilidades e potencialidades laborais.

A titular da Concellería, Paula Prado, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, abriron as xornadas. A continuación, a directora comercial do Grupo Afines, Marisol Vázquez, impartiu un relatorio sobre "A importancia da axenda no proceso de busca activa de emprego". Na mesa estivo acompañada por Dolores Míguelez, orientadora laboral da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.

"O Programa Integrado Emprego Santiago" foi o título do segundo relatorio da mañá. Correu a cargo de Xavier Xabier Ferreiro, responsable da Área de Emprego da Concellaría.

Compartir: