CENTROS SOCIOCULTURAIS

Entréganse os premios de poesía e relato convocados pola Rede de Centros Socioculturais

10/03/2006 Yolanda López e Antón Labranha foron os gañadores dos premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago", respectivamente, dotados con 300 euros cada un.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, fixeron entrega na mañá do venres 10 dos galardóns aos gañadores dos premios que convoca anualmente a Rede de Centros Socioculturais, dotados con 300 euros cada un.

A gañadora do III certame de poesía "Aurelio Aguirre" 2005 foi Yolanda López López (nacida no 1976), de Fontiñas, polo seu poemario "O murmurio da danza", e Antón Labranha (nacido no 1955), polo relato "Pescadoira".

Foron máis de 30 traballos os que se presentaron a cada unha das categorías.

Na entrega dos galardóns estiveron presentes técnicos e traballadores dos centros, así como membros do Club de Lectura das Fontiñas. Ao remate houbo un pequeno concerto de arpa.

Compartir: