ALCALDÍA

Santiago súmase ao Día Mundial da Diabete

14/11/2011 A Asociación Compostelá de Diabéticos instalou unha carpa informativa na praza do Toural. Celebrábase así o Día Mundial da Diabete.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, achegouse ata esta carpa informativa, onde ademais se podían realizar probas de control do azucre no sangue. Acompañárono a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, e outros membros da Corporación, que tamén se someteron ás probas de glicosa.

Compartir: