ALCALDÍA

O alcalde compostelán asiste ao VII Congreso de Unións Agrarias

10/03/2006 Baixo o lema "Pola dignificación do noso traballo. Prezos para os nosos produtos", inaugurábase o venres 10 de marzo o VII Congreso de Unións Agrarias.

Na súa intervención, Sánchez Bugallo animou aos participantes do congreso a sacar "conclusións interesantes para o futuro inmediato para conseguir esa dignificación que vos preocupa, para conseguir que os vosos productos falen do voso traballo"

En opinión do alcalde compostelán "o traballo no mundo rural non ten acadado o prestixio e consideración que merece nunha sociedade na que o consumo e o benestar priman sobre calquera outra consideración".

Compartir: