EMPREGO

O alcalde inaugura a I Feira Internacional de Emprego co desexo de que xenere o maior número de postos de traballo posibles

03/11/2011 A primeira xornada da Feira sáldase con máis de 2000 visitas aos 37 expositores e 220 entrevistas feitas dun total de 575 persoas convocadas. As entrevistas continuarán esta tarde ata as 20.00 e mañá venres de 10.00 a 14.00. O rexedor volverá ao Multiúsos mañá para clausurar a Feira ás 13.00 horas.

O alcalde felicitou a concelleira de Emprego, Paula Prado "porque fixo un enorme esforzo por poñer todos estes medios a disposicion das persoas que buscan emprego". Subliñou que con este tipo de iniciativas se consigue facilitar o acceso a xente a un posto de traballo e tamén manter o contacto entre o mundo empresarial e os demandantes de emprego.

Conde Roa sinalou que se trata dunha "iniciativa espléndida" e agradeceu aos expositores, Cámara de Comercio, sindicatos e a todos os axentes sociais a súa participación para que "entre todos e nestes momentos críticos poidamos empuxar para que todos os parados poidan atopar emprego na nosa cidade".

Asímemo, o rexedor espera que os resultados sexan moi positivos e destacou a importancia de conseguir que empresas como Bricomart se asenten en Santiago. "Un dos nosos eixos de traballo é a loita contra o desemprego e aquí imos estar todos os días e todas as horas dando todas as facilidades que sexan posibles". O alcalde insistiu que Santiago ten os brazos abertos para acoller calquera empresa que, como Bricomart, queira instalarse na cidade porque esta é "unha loita e unha batalla de todos".

Ciclo de conferencias
Entre os relatores atópanse Rafael Millán Calenti, doutor en Dereito e profesor de Dereito Mercantil da USC, que analizou as medidas para a protección de datos con respecto aos procesos de selección laboral, Santiago Vázquez Blanco, director de RRHH de R Comunicacións, que falou sobre a importancia da fortaleza emocional para a optimización e satisfacción laboral, ou Felipe García Rey, responsable de grandes contas de ONO, quen expuxo as claves para enfrontarse a unha entrevista de traballo con maior seguridade.

Juan J. Martínez López, presidente de Down Compostela, Faustino Sánchez Guindo, de Formación y Selección CESS El Corte Inglés, Leandro Fernández Macho, xerente de Ágama Consultoría y Aprendizaje S.L, ou Jose Domingo Barros Montáns, secretario de Formación UGT Galicia, son outros dos nomes que conforman o ciclo de conferencias da I Feira Internacional de Emprego.

Documentos relacionados



Compartir: